venres, 5 de maio de 2017

Premios para o festival dos soñadores

Hoxe imos contarvos que os nenos de Educación Infantil fixeron uns trofeos para o festival.
Cada aula organizouse en grupos. Primeiro buscaron imaxes de formas xeométricas como cadrados, círculos, triángulos e rectángulos, que despois transformaron en prismas cunha aplicación en internet. Posteriormente cada aula seleccionou os dous que máis lles gustaron.
Estes deseños imprimiranse cunha impresora 3D para entregarse aos gañadores o próximo 6 de xuño na Gala no Pazo da cultura de Carballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Este blogue aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...